Queremos agradecer a todas as persoas que interviron e que coa súa colaboración fixeron posible que este proxecto saíse adiante.

Sen elas non sería posible!

Por orde de aparación nos vídeos:

  • Herminia Pernas, profesora de Ensino Secundario, doutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela.e Cronista Oficial de Burela
  • Francisco Canosa, xeólogo, guía especialista na ensinanza e divulgación desta ciencia, encargado das xeorutas guiadas por Burela e doutros espazos galegos.
  • Xusto García, ex xefe de cancha nas lonxas de Armadores de Burela (ABSA), con título de patrón de litoral, mecánico naval e radiotelefonista naval restrinxido.
  • Martín Lestao, artista plástico, presidente da Asociación Burela Floral e creador do mural Burela In e outros.
  • Belén Mogo, artista e creadora do mural Burela In e outros.
  • María Jesús Alonso, redeira, expresidenta da Asociación de Redeiras Cabo Burela e mestra de redeiras.
  • Berónica Rodil, propietaria de conservas “Faro de Burela”.
  • Basilio Otero, presidente de la Federacion Nacional de Cofradias de Pescadores en Cofradía de Pescadores de Burela e mariñeiro.
  • Antonio “O Gacha” e Santiago Rivera, presidente e membro da Asociación de Mariñeiros Xubilados do Mar e Afíns, A Moncloa. O agradecemento querémolo facer extensible a toda a asociación.
  • Narciso González, primeiro concelleiro do mar de España en Burela, xefe de gardacostas zona Lugo-Ortegal, e exmariñeiro en Burela.
  • Adri Pardo, gañadora e xurado do Certame Internacional de Pintura Mural “Amarte”, doutora en arte (produción e investigación) e propietaria da academia ManchARTE, en Burela.
  • Batuko Tabanka, asociación cultural burelá e grupo musical de raíz caboverdiana integrado por mulleres de orixe na illa atlántica, premio Mestras da Memoria de 2020.
  • María Tavares, presidenta da Asociación Batuko Tabanka
  • Aurelia Balseiro, museóloga, directora do Museo Provincial de Lugo e licenciada con grao en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Experta en ourivería antiga.