Interveñen contándonos as orixes desta asociación, do seu curioso nome e da edificación onde se sitúa o seu local social:

  • Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores en Cofradía de Pescadores de Burela e mariñeiro.

  • Santiago Rivera, membro da Asociación Mariñeiros Xubilados do Mar e Afíns, A Moncloa

  • Antonio Abad, “Gacha”, presidente da Asociación Mariñeiros Xubilados do Mar e Afíns, A Moncloa

  • Narciso González, primeiro concelleiro do mar de España en Burela, xefe de gardacostas zona Lugo-Ortegal, e exmariñeiro en Burela.

Para saber máis:

  • A Sociedade Pósito de Pescadores de Burela fundouse o 18 de novembro de 1923 ao amparo dunha Real Orden de 1918 co propósito de reorganizar as vellas institucións de pescadores mediante axuda estatal.

  • Cando un mariñeiro pensaba que outro estaba a contar unha mentira ou a fanfarronar, usaban expresións como ‘tirar o peixe ao mar’ (botar o peixe ao mar). Ningún mariñeiro bota o peixe ao mar porque é moi valioso para el, de iso depende a súa economía, de aí a importancia desta expresión, ou outras similares que se din no vídeo.