Interveñen (por orde de aparición):

  • Herminia Pernas, cronista oficial de Burela, que nos ofrece unha explicación etnográfica e histórica de Cabo Burela.

  • Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo (onde se atopa exposto o torques de Burela) e experta en ourivería antiga, que nos ofrece datos de interese sobre esta xoia prerromana e os nosos castros.

Para saber máis…

  • San Cibrao é a localidade cara o outro lado do cabo (cara o oeste).

  • “Vento do Cabo á noite quedado”. Esta expresión tan nosa fai referencia a que cando durante o día chega o vento a Burela procedente do Cabo (do noroeste), ao caer a noite quédase (amaina).

  • A Vila do Medio é un dos barrios máis antigos de Burela (pode consultar o mapa da ruta videoguiada ou o roteiro en papel de Burela para saber onde se atopa).

  • Lámparo é a palabra que utilizamos aquí para denominar o que noutros lugares de Galicia se coñece como lapas, copos ou cucos. Lámparo (patella vulgata) molusco univalvo mariño da clase dos gasterópodos, de cuncha cónica, que vive pegado ás rochas da costa (definición da Real Academia Galega)

  • As arracadas son pendentes ou adornos de orella de diversas morfoloxías e pequeno tamaño, sendo as máis típicas as de tipo amorcillado como as de Bretoña, a laberintiforme comoa de Burela, ou de apéndices triangulares como a excepcional arracada de Suegos”. (Cit en Balseiro Garcia, Aurelia “A Colección de Ourivería Antiga” en A Colección de Ourivería Antiga do Museo Provincial de Lugo, Balseiro Garcia, Aurelia (Ed.), 2018. Lugo: Deputación de Lugo. MPL. p.28

  • O Torques de Burela e a arracada atópanse expostos na sala 8 do Museo Provincial de Lugo. Ubicada no primeiro andar do museo, no claustro alto do antigo convento de San Francisco, nela expóñense unhas 53 pezas de ourivería antiga.