Baliza Faro Pena Burela – Para saber máis…
- Casa
- Baliza Faro Pena Burela – Para saber máis…
Interveñen:
Herminia Pernas, cronista oficial de Burela, descubríndonos un elemento curioso polo que se guiaban os barcos antes de existir o Faro Pena Burela, e unha forma artesanal de tinguir as redes, que foi empregada nunha caseta agora desaparecida, situada encima da superficie onde estamos pisando, a carón da Baliza “Faro Pena Burela”, e que agora fai de excelente miradoiro ao noso faro.
Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores en Cofradía de Pescadores de Burela e mariñeiro, que nos devela o segredo das cores do Faro Pena Burela, e como unha forte temporal o logrou partir á metade no ano 2014.
Para saber máis:
Se queredes saber máis sobre a historia da cheminea da que fala Herminia Pernas, podedes informarvos AQUÍ
Antes da construción do faro Pena Burela, tomábase como referencia o sinal do faro de San Cibrao (en funcionamento desde 1864), ao que non podían perder de vista porque se o tapaban corrían o risco de chocar coa pena Burela, que representaba un obstáculo perigosos para a navegación.
Tanto é así, que os vellos mariñeiros recordan que como antes da construcción do faro chocou un barco mercante contra ela, índose a pique, e téndose que desguazar no mesmo lugar do suceso, no mar.
Basilio Otero contounos como son as cores de todas as balizas cardinais lestes, como de Burela. Queredes coñecer como son as das demais balizas cardinais? Todas as balizas cardinais combinan cores negras e amarelas pero trocando a súa posición dentro da baliza.
Así, as cores estructúranse da seguinte maneira:
- Baliza cardinal oeste: amarela-negra-amarela
- Baliza cardinal norte: o primeiro tercio negra e o resto amarela.
- Baliza cardinal sur: O primeiro tercio amarela e o resto negra.