Descrición

As orixes da Asociación de Mariñeiros Xubilados

A que agora é a casa da Cruz Vermella foi con anterioridade a lonxa da vila e a sede da confraría de pescadores. Agora é tamén o lugar da xente do mar. Aquí está a sede da asociación de xubilados do mar e afíns desde 2008, chamada A Moncloa. Se ves a porta aberta… entra! De seguro que che contan moitas curiosidades sobre a súa profesión.