Descrición

O cabo e a Burela castrexa. O noso torques

Di Aurelia Balseiro no vídeo que Cabo Burela é “unha punta, unha pedra e unha vila”. É a punta do cabo de Burela, é tamén un conxunto de rochas que asoman ao mar e é unha vila, xa que é o nome que leva o barrio de Burela de Cabo. Así é como aparece nos mapas e nas cartas náuticas.
No século XVI había neste punto unha atalaia, é dicir, un punto de vixía para dar aviso dos perigos.
Aquí houbo tamén un castro, a forma de asentamento humano típica da Idade de Ferro, no que se achou o torques de Burela, un dos símbolos de identidade do municipio.