Descrición

A esta rúa de Burela faise referencia no vídeo da baliza ‘A Lonxa ABSA’, cando Xusto recorda como antigamente baixaban as varas ou canas feitas con eucalipto a pé por esta rúa, para posteriormente colocalas nos cascos dos barcos para a pesca do Bonito do Norte. Cada barco levaba (e leva) dúas, agora de metal, e miden ao redor de 22 metros cada unha.