Descrición

Cores negras e amarela que gardan un significado

O faro Pena Burela é realmente unha marca de sinalización cardinal, para indicarlle aos barcos por que lado deben entrar a porto. Esta en concreto é unha marca cardinal leste, por iso ten as cores negro, amarelo, negro nesa orde. De noite da 3 golpes de luz cada 5 segundos.
Antes da súa instalación en 1959 os mariñeiros guiábanse pola antiga cheminea de 37 metros da fábrica Cucurny. En 2004 un temporal derrubou esta marca cardinal e instalouse unha exactamente igual á anterior, xa que é un dos símbolos do concello.

Fotos