Descrición
A arte e a multiculturalidade de Burela. O noso pasado baleeiro
Estes murais pertencen á exposición Amarte, que leva desde hai tempo reunindo en Burela a varios artistas durante unha semana ao ano para a realización destas obras. Na súa temática destacan as baleas, en recordo á importancia que tivo a caza destes cetáceos en Burela entre os séculos XIV e XVII; a multiculturalidade desta vila e, por suposto, o bonito.