Descrición
Abastecemento de auga para embarcacións
Nesta localización temos dous puntos destacados: a fonte que verte as súas augas á praia do Cantiño e a fonte do Xudío.
A fonte do Xudío aprovisionaba de auga para a tripulación aos barcos que se achegaban ata aquí na primeira metade do século XX. Da outra fonte obtiñan a auga para os seus tanques e caldeiras.
Ata hai non moitas décadas, esta era unha zona de labradío.