Cantos tipos de puntos hai no mapa?
No mapa existen tres tipos de puntos:
- Balizas: que se corresponden coas balizas físicas (trece) que se reparten por distintos lugares da xeografía burelá. Estas balizas dispoñen dun código qr que enlaza a un vídeo explicativo do espazo no que se atopan . Dentro destas balizas hai catro diferenciadas pola súa tipoloxía específica, as balizas que se corresponden a puntos de interese xeolóxico (para aqueles aos que lle interese só realizar o percorrido xeolóxico, denominado Burela, nacida das rochas).
- Puntos de ubicación: que se corresponden coa ubicación real dos puntos de interese que dan nome ou aos que se refiren as balizas, cando o entorno natural , terreo no que se atopan as mesmas, ou outros factores,non permiten que estean colocadas xunto a elas. Este é o caso da Igrexa de Coeda, O Xiringote , Diaclasas Ortogonais, o Faro Pena Burela, A Lonxa ABSA, etc
- Puntos informativos: que se corresponden con lugares ou recursos nomeados nos vídeos polas persoas que interveñen nestes, ou lugares de interese para os/as turistas, como a Oficina de Información Turística.
Como funciona o mapa de puntos? Como filtrar os puntos por categorías?
A carón do mapa atoparédesvos cun despregable para elixir o tipo de punto (Filtro por tipo de…). Aí podedes seleccionar “Balizas”, “Puntos de ubicación” ou “Puntos informativos”.
No despregable “Recursos xeolóxicos”atoparedes todos aqueles que se encadran nesta tipoloxía, para as persoas que se queiran centran nestes, percorrendo a ruta máis curta de : Burela, nacida das rochas.