Descrición
Unha das máis destacadas do país
Xusto García, xubilado desta lonxa, explica no vídeo como é un día de traballo neste lugar. A lonxa está aberta as 24 horas. As descargas comezan pola noite e venda é arredor das 06:00h.
As especies que predominan son a pescada do Gran Sol e o bonito do Norte, e tamén a xarda ou o polbo.
Nesta lonxa entra frota de todo o Cantábrico e é das que máis facturan en Galicia.
A peculiaridade da rula de Burela é que está informatizada a todos os niveis, co único sistema de venda automatizada de todo o mundo.