Descrición
Un dos poucos exemplos mundiais de bufadeiro granítico
O Xiringote é un bufadoiro, é dicir, unha cavidade entre as rochas na zona litoral onde a auga sae con forza cara o exterior.
O mellor momento para ver este bufadoiro é en días de temporal, nun momento no que a marea estea próxima á preamar pero sen chegar a estar alta de todo. A forza da auga do Xiringote pode incluso acadar o paseo marítimo.
Os bufadoiros de granito coma este son unha rareza a nivel mundial.